Dedicado a todos os nosos compañeiros e compañeiras do coleThis book was created and published on StoryJumper™
©2010 StoryJumper, Inc. All rights reserved.
Publish your own children's book:
www.storyjumper.com















Érase unha vez, hai moitos anos, nun
castelo vivían un rei, a raíña e as súas
tres fillas. O castelo estaba na cima
dunha montaña para poder vixiar e
defenderse dos inimigos. Era un castelo
moi antigo, grande e construido con pedras
de cor gris. Tiña un foso ao seu arredor con
crocodilos e pirañas e unha ponte levadiza
que podían subir cando viñan os inimigos.












O rei Federico era alto, un pouco gordecho
e tiña unha barba moi longa. Era moi bo
coas súas fillas e cos seus súbditos. A raíña
chamábase Fiona e era baixa, tiña o pelo
curto e loiro e era moi fermosa. Gustáballe
moito estar coas súas fillas facendo bordados
e xogando ao xadrez.

A súa filla maior era a princesa Anita. 

A súa filla mediana chamábase Mariña.


A terceira filla chamábase Noema. Non lle
gustaban os vestidos de princesa nin os
banquetes que se facían no castelo.
Gustábanlle os animais, correr e saltar nos
charcos, dar paseos polo bosque... E sobre todo
encantáballe ver as xustas dos cabaleiros. Ela
quería ser cabaleiro para protexer aos débiles.
O rei e a raíña pensaban:
- Que rara é a nosa filla!
E sempre lle dicían:
- Iso é unha parvada!








- E por que non podo ser un cabaleiro?
- Porque ti es unha princesa e tes que ser
delicada, como as túas irmás.
A princesa quedouse moi triste cando o rei lle
dixo que non podía ser cabaleiro, pero ela
quería demostrarlles aos seus pais que podía
facelo.
Todas as noites entrenaba sen que os pais e 




Pero unha noite, cando estaba entrenando, o
pai viuna, e moi enfadado, saiu ao patio e
díxolle:
- Pero que estás a facer, Noema?
- Estou entrenando para ser cabaleiro.
- Ti non podes ser cabaleiro! Pódeste mancar!
- Pero eu quero defendervos a vós e ao noso
pobo.
- Non che dixen que non podías ser cabaleiro?
Estás castigada! Pasa agora mesmo para
cama!

A princesa enterouse de que na seguinte
semana se celebraba un torneo de cabaleiros no
castelo, e seguiu entrenando para participar nel.
Á semana seguinte, a princesa púxose o helmo
e a armadura e foi cara ao torneo. Quería gañar
a toda costa. Non tiña medo ningún.
Foi buscar ao seu cabalo Trote para ir á
competición e alí foi.














Noema fíxoo moi ben no torneo e derrotou a
todos os seus adversarios.
Cando acabou o torneo Noema quitou o helmo
e todo o mundo quedou coa boca aberta.
O rei díxolle:
- Non o podo crer! Demostráchesme que
podes ser un cabaleiro! Noraboa, Noema! Aquí
tes o teu premio!
Noema recibiu unha marabillosa espada e a
partir de entón seguiu preparándose para ser o
mellor cabaleiro.
FIN













