Grazas Castelao polas túas obras.
Feito por:Rebeca Álvarez Lorenzo

ÍNDICE
3.Nacemento e primeiros anos
4.Emigración
5.Volta a Rianxo e nova vida
6.Familia e "Cegueira"
7.Pontevedra
8.Pontevedra
9.Traxedia
10.Vida política
11.Guerra
12.Exilio e morte



NACEMENTO e primeiros
anos
Naceu o 29 de xaneiro de 1886 en Rianxo. Nunha familia humilde polo que seu pai emigra a Arxentina. É un neno de saude delicada. Vai á escola.Na casa fala galego pero no centro castelán.



EMIGRACIÓN
En 1896 viaxa coa súa nai para reencontrarse co seu pai.Ten dúas irmás, alí non vai á escola pero amosa moitísimo interese por aprender(debuxa,escribe...)







VOLTA A RIANXO E NOVA VIDA
En 1900 regresan a Galicia. En 1903 obtén o título de bacharel, despois comeza a carreira de Medicina en Santiago e convértese nun alumno popular polos seus debuxos.
En 1909 marcha a Madrid para doutorarse pero e ademais comeza a súa vida artística.Realiza a súa "I exposición de Arte Gallego" e faise famoso.





FAMILIA E "CeGUEIRA"
En 1912 casa con Virxinia Pereira. Teñen un fillo ó que lle chaman Alfonso. Castelao ten problemas graves de visión polo que asegura o seu futuro preparando as oposicións.








PONTEVEDRA
Ingresa nas "Irmandades da fala".Tamén cambia de criterio artístico e publica o álbum "Nós", compremétese coa terra, a xente,o idioma e a tradición. Ofrécenlle traballo en Madrid, pero non acepta porque non quere marchar de Galicia. Becado pola Xunta fórmase en distintos países de Europa.
En 1922 comeza a escribir a serie "Cousas da vida" no xornal "Galicia".
Publica "Un ollo de vidro" na revista "Céltiga".
Ingresa no Seminario de Estudos Galegos e participa na creación do Museo de Pontevedra e na da Coral Polifónica.
En 1924 chega a dictadura de Primo de Rivera e pecha o xornal "Galicia", pasando agora a publicar en "El pueblo gallego" e "El faro de Vigo.
TRAXEDIA
En 1927 a cegueira empeora e morre o seu fillo.
Ofrécenlle axuda en centros galegos de América pero rexeita marchar.




VIDA POLÍTICA
No 1930 recupera a vista e volve debuxar no "Faro de Vigo".
Triunfa a República e preséntase polo partido Galeguista, pero pola sua ideoloxía destérrano a Badaxoz, aínda así segue escribindo na revista "Nós".
Despois dun tempo volve a Galicia e fai todo o posible por acadar un Estatuto de Autonomía para Galicia.

GUERRA
Publica os álbumes:
-Galicia mártir
-Atila en Galicia
-Milicianos
O goberno da República envíao a Rusia, EEUU e Cuba.
Trala súa derrota exiliase en Bos Aires.




EXILIO E MORTE
Publica "Os vellos non deben namorarse" e "Sempre en Galiza".
Morre no 1950 en Bos Aires e en 1984 chegan os seus restos ao Panteón de Galegos Ilustres.



Grazas a esta gran persoa por loitar por Galicia e preocuparse pola súa xente, por escribir libros fermosos e interesantes e por demostrarnos que ante calquer problema as cousas poden conseguirse se xuntos e xuntas colaboramos.
Grazas,Castelao.





