
Para mis alumnos de Ciencias Sociales de cuarto de primaria, un salúdo.

Os castros son un dos elementos definidores da cultura castrexa e espállanse por toda a xeografía de Galicia e o Norte de Portugal
Os Castros en Galicia

Trátase de asentamentos máis ou menos grandes, de planta circular ou ovalada, rodeados por murallas e fosos e sen ningún tipo de planeamento urbanístico no seu interior pero perfectamente adaptados ao terreo e as funcións que nel debían desempeñarse.
Estes poboados sitúanse en lugares elevados respecto do terreo circundante, non por motivos defensivos senón para facilitar a agricultura que nas zonas baixas veríase entorpecida polo aumento da vexetación.


Os asentamentos de zona sur son maiores e ofrecen unha riqueza construtiva superior aos do norte. Os muros son máis anchos e posiblemente máis altos e as casas presentan formas máis complexas.

Os castros máis primitivos están compostos por construcións circulares de pequenas dimensións e feitas con elementos vexetais como terra e ramas.


Os grandes castros acollen un gran número de vivendas, rúas feitas con lousa e canalizacións para a condución de augas pluviais fóra das murallas.

Os tipos de castros
Castros de interior
Están situados en colinas ou elevacións prominentes, pero raras veces en cumes altas. Teñen planta circular ou ovalada e contan con unha ou varias murallas.

Castros de montaña
Situados en zonas montañosas elevadas, se localizan nas ladeiras e teñen forma oval, con fosos artificiais polo lado superior e murallas ou terraplens cara o val.
Castros costeiros
Son de planta variada, aínda que soen ser redondos ou ovalados, adaptándose ao terreo. As defensas naturais do lado do mar vense complementadas con murallas e fosos cara o interior.
Exemplos de tipos de castros.
Castros de interior
Castros de montaña
Castros costeiros
