
Este traballo foi realizado por Iago Suárez, Álvaro Varela, Iñaki Vázquez e Noemi Zubieta. Para iso analizamos a cultura castrexa, máis concretamente os catros en Galicia, Portugal e Asturias.

Ao longo do século VI a.C.,coincidindo co final da Idade do Bronce, vaise implantando en Galicia unha nova cultura ao tempo que se introduce a metalurxia do ferro. Trátase da chamada cultura castrexa porque a súa principal característica é o castro, un tipo peculiar de asentamento utilizado polos pobos que neste momento residen na maior parte de Galicia, o norte de Portugal e o occidente de Asturias. A maior implantación da cultura castrexa corresponde ao século VI a.C. ata a conquista romana (séculos II-I a.C) aínda que durante este período seguiu a actividade nos catros.
Foto: Santa Tegra (A Guarda)
I. Introdución ao castro
Ata ben entrado o século XX considerouse que a cultura castrexa chegou a Galicia cos celtas e que os celtas foron en exclusiva os habitantes dos castros pero hoxe concédese menos importancia a esta dominación celta e imponse a fusión de varias culturas como a responsable do desenvolvemento da nova forma de vida.
II. Os celtas e os castros
Como xa dixemos, os castros son un dos elementos definidores da cultura castrexa e espállanse por toda a xeografía de Galicia e norte de Portugal ata sumar un número aínda por determinar pero que pode oscilar en torno a 2000 ou 2500.
Foto: castro Baroña
III. Expansión
Estes poboados sitúanse en lugares elevados respecto do terreo circundante, non por motivos defensivos senón para facilitar a agricultura que nas zonas baixas veríase entorpecida polo aumento da vexetación (provocado pola subida das temperaturas e dos niveis de humidade que caracterizan o período climático subatlántico iniciado en torno os anos 900-800 a.C. e que chega ata os nosos días).
IV. Situación dos castros
V. Partes do castro
Trátase de asentamentos máis ou menos grandes, de planta circular ou ovalada, rodeados por murallas e fosos e sen ningún tipo de planeamento urbanístico no seu interior (a lo menos antes da conquista romana) pero perfectamente adaptados ao terreo e as funcións que nel debían desempeñarse. Estes poboados sitúanse en lugares elevados respecto do terreo circundante, non por motivos defensivos senón para facilitar a agricultura que nas zonas baixas veríase entorpecida polo aumento da vexetación
Tedes aquí un enlace que vos enviará á ruta que imos realizar no segundo trimestre, na que visitaremos os diferentes castros de Galicia. Disfrutaremos moito!!



Agora imos ampliar os coñecementos. Podedes visitar estas ligazóns se queredes aprender moito máis!!!!!!



Agora imos comprobar os coñecementos adquiridos!!
