
CONQUISTA ROMANA DE HISPANIA
Esta conquista producíuse polo Noroeste de Hispania e foi iniciada por Décimo Bruto (O Galaico) no ano 137 a.C. e rematada cas Guerras Cántabras no s.I a.C. Supón a submisión a Roma dos pobos que habitaban dende a actual Galicia ata o País Vasco.
Os romanos realizaron divisións na Península Ibérica durante o seu Imperio.
No ano 197 a.C. crearonse dúas provincias: Hispania Citerior (con capital en Tarraco) e Hispania Ulterior (con capital en Corduba).


Despois da conquista, iníase un progresivo proceso de romanización no que os elementos do mundo castrexo se van mesturando cos romanos ata conformar unha cultura galaico-romana.
Ademais, vaise impoñendo o latín como lingua universal e introdúcense novas formas relixiosas que rematarán co cristianismo.
O proceso romanizador supón a organización do territorio mediante unha serie de reformas e cambios nas bases económicas e no hábitat que son definitivas na conformación da historia de Galicia.
César Augusto aproveitou para reorganizar de novo a división da Península.


O novo emperador decidiu dividir Hispania en tres provincias: Ulterior Baetica (con capital en Corduba), Ulterior Lusitania (con capital en Emérita Augusta) e Hispania Citerior.
No ano 305, Diocleciano converte a Gallaecia en provincia independente, engadindo así dúas provincias máis a Hispania: Cartaginense e Gallaecia.

Nun marco de crise do Imperio romano, chegan os suevos a Hispania procedentes do Norte de Europa no ano 406.

Tral firma dun pacto co emperador que lles permite asentarse na parte occidental de Gallaecia, establecen a capital do seu reino en Braga. Os primeiros anos manteñen unha actitude pacífica e intégranse progresivamente na soiedade galaico-romana.

A influencia do reino suevo é determinante a organización da Igrexa e na definitiva cristianización do territorio galaico gracias á figura de San Martiño.
No ano 429 inician unha política expansionista que remata coa súa derrota polos visigodos na batalla do Órbigo.
A partir de entón, o reino suevo entra na órbita visigoda perdendo definitivamente a súa independencia no ano 585 sendo rei Leovixildo.
FIN DO IMPERIO ROMANO

A invasión dos pobos xerménicos e a fragmentación do Imperio a principios do s.V pon fin ao dominio romano e abre as portas á Idade Media.
