
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo o que causou a desaparición da estrutura política da monarquía visigoda en Galicia.
Non se constata ningún fenómeno de despoboación ou repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
A descuberta do sepulcro do Apóstolo convertirá a Santiago no referente espiritual e ideolóxico.
GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA (711-1037)

Sociedade Altomedieval
Caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario e máis heteroxéneo, existindo servos, aristocracia laica e nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder.

Economía Altomedieval
Caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos.

GALICIA NA IDADE MEDIA
(1037-1284)
Galicia fixe a grandes trazos o territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala independencia de Portugal.
No século XII (Era Compostelá) Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular.

Sociedade Idade Media
Vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes: as aldeas encherán o espazo rural, xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades, insignificantes no período altomedieval, nacerán e crecerán integradas perfectamente na súa contorna rural.
Economía Idade Media
O crecemento demográfico virá da man dunha intensificación da produción agrícola, así como dunha expansión da actividade comercial e artesanal.
A nobreza eclesiástica configúrase coma a principal propietaria de terras en Galicia.

galicia na baixa idade media (1284-1474)
A situación é similar ao resto dos reinos da monarquía, sumida en medio de conflitos xeneralizados.
A 2ª metade do século será marcada pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara. No s.XV, os enfrontamentos continuarán e o poder da nobreza imporase sobre o dos reis.
Economía na baixa Idade Media
Galicia asistirá a unha profunda crise demográfica e a unha lenta recuperación, acompañada dunha contracción da produción agrícola. Pola contra, o s. XV vivirá o auxe do comercio marítimo.

Sociedade na baixa Idade Media
O campesiñado foi quen máis sufriu as consecuencias ao longo do s.XIV. É o que vai soportar o clima de violencia xeneralizada, sobre todo dende as fortalezas. A nobreza eclesiástica vai sufrir a xeneralización forzada das encomendas por parte dos señores laicos, que non ven outras solucións para manter os seus niveis de renda.
Fin imposto polo levantamento Irmandiño
O levantamento Irmandiño pon fin a un século caracterizado pola gran conflitividade social. É o desexo de xustiza contra os abusos, violencias e malfeitorías dende as fortalezas polos señores. A base social da Irmandade son todos os sectores da sociedade galega da época. Obsérvase unha confluencia entre o campesiñado e as masas urbanas, unidas nas mesmas reivindicacións, na busca dunha maior xustiza e dunha paz interior inexistente durante todo o s. XV.

