



Ola! Son María Pita, pode ser que o meu nome xa vos sexa coñecido pois teño na Coruña unha plaza que se chama coma min... pero coñecedes a miña historia?
Nacín polo ano 1556 preto da cidade da Coruña, e pasaba o
tempo coidando dos meus bois e tentando facerme unha pequena empresaria. Quixen pedir permiso para poder vender os meus animais a Portugal pero como era unha muller ríronse moito de min. Anoxeime moito!!!!


Pero non me cansei nunca de loitar...
No ano 1589 as tropas inglesas comandadas polo temible pirata Francis Drake chegaron para invadirnos
Olvidei as burlas e berrei dende o alto da torre do Castelo de San Antón...QUEN TEÑA HONRA QUE ME SIGA!!!!
Todas as mulleres da Coruña loitamos unidas co que tiñamos a man, non nos rendemos nunca e logramos botar ao pirata Drake....











Chámome María Salomea Skalodowska-Curie e nacín en Varsovia. Encántame a química.

Estudiei a radioactividade e descubrín un elemento químico o que chamarei polonio pola miña terra Polonia.




Ánxeles Alvariño
Foi unha oceanógrafa, zoóloga e profesora española. A 1ª muller científica nun buque oceanográfico Británico. Percorreu os océanos estudando o zooplacton.
Recibiu varios premios e puxéronlle o seu nome a un barco de investigación.

Precursora na investigación oceanográfica mundial. Descubriu 22 especies de organismos mariños.
Naceu en Ferrol no ano 1820 e morreu en Vigo en 1893. Foi moi importante por ser unha experta en dereito, pensadora, xornalista, poeta e autora dramática española. Loitou polos dereitos da muller no século XIX. En 1860 publicou o ensaio La beneficencia, la filantropía y la caridad, que obtivo o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas. Arenal publicou o libro ocultando a súa verdadeira identidade. Cando a Academia descubriu o engano e preguntouse: Podía premiarse a unha muller? Non existían precedentes. Finalmente, á vista dos méritos da obra, os académicos non tiveron opcións. Concepción Arenal recibiu o premio. Outra pequena revolución.
CONCEPCIÓN ARENAL



CONCHA BLANCO
Naceu en Lires (Cee).
Fixo Maxisterio en Santiago de Compostela.
Traballou como mestra en Nemiña, Ézaro, Brens, Dumbría e Cee.
Escritora de numerosos libros galegos para pequenos e maiores.
Coautora e coordinadora de varios libros de texto de Primaria e Secundaria e de cursos de Lingua Galega.
Participou en moitos obradoiros literarios.
Concha Blanco é autora de libros de teatro, poesía e narrativa.
Dous exemplos de libros de poesía:
Poemas para pintar (2006)
Femenino singular, en plural (2020)
Exemplos de narrativa:
A vaca titiriteira (1991)
O aniversario de Ana (1997)
Boris e compañía (2005)
Habitación 202 (2008)
Catuxa quere saber (2012)



Soy Encarnación Aragoneses de Urquijo, nací en Madrid en 1.886, aunque soy más conocida como Elena Fortún. Mi sueño era ser escritora y aunque en mi época los trabajos de las mujeres no solían publicarse, alcancé mi propósito gracias al esfuerzo y al éxito de un trabajo bien hecho.






Su obra más conocida es "Celia" una niña que cuenta la historia de su vida. Celia es traviesa y no entiende el mundo de los adultos. Y muestra parte de la vida de Encarnación.






Ola! Chámome Ledicia Costas. Nacín en Vigo, no ano 1979. Son licenciada en Dereito, pero a miña paixón é escribir.
A miña primeira novela publicada foi "Unha estrela no vento".

Recibín moitos premios pola miña obra infantil "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Pero tamén teño obras para adultos como a novela "A balada dos unicornios"ou "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta".



VERÓNICA BOQUETE
Verónica Boquete Giadáns naceu en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987. É unha futbolista española que xoga como centrocampista.
Comezou a súa traxectoria deportiva nas categorías inferiores da Sociedade Deportiva Xuventú Aguiño de Ribeira, A Coruña.
Foi internacional coa selección española, da cal chegou a ser capitana.
Dende febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino e dende 2017 forma parte da comunidade de futbolistas CommonGoal.
En xuño de 2013 converteuse na primeira xogadora española en publicar a súa biografía, "Vero Boquete, la princesa del deporte rey." Neste mesmo ano tamén comezou unha petición en change.org onde pedía aos productores de EA Sports que introduciran xogadoras na serie de viodexogos FIFA. Iniciativa que logrou satisfactoriamente.

CAROLINA MARÍN
Carolina María Marín Martín naceu en Huelva o 15 de xuño de 1993.
É unha xogadora española de bádminton que compite na categoría individual feminina. Comezou a súa andaina neste deporte con tan só 8 anos e, con 12, xa foi gañadora do seu primeiro campionato de España.
Na actualidade, cos seus 27 anos, xa ten no seu poder numerosos premios. Entre eles podemos mencionar que foi campioa olímpica en Río de Xaneiro 2016, 3 veces campioa mundial nos anos 2014, 2015 e 2016 e, 4 veces campioa de Europa en 2014,2016, 2017 e 2018. Ademais tamén acadou catro Super Series Premier, o All England e o Aberto de Malasia en 2015 e, dous Abertos de China en 2018 e 2019.
Debido a súa impecable traxectoria deportiva, foi galardoada co Premio Nacional do Deporte á mellor deportista española do ano 2014 e distinguida coa Medalla de Bronce da Real Orde do Mérito Deportivo (2014) e a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo (2016). Así mesmo, no 2016 o Palacio de Deportes de Huelva foi renomeado como “Palacio de Deportes Carolina Marín” na súa honra. E, en 2018 recibíu a medalla de Andalucía.

ANA PELETEIRO
Ana Peleteiro Brión naceu en Ribeira o 2 de decembro de 1995.
É unha atleta española na modalidade de triple salto. Formouse na súa localidade natal aínda que en xuño de 2013 trasladouse a Madrid para continuar a súa andaina no Centro de Alto Rendemento para deportistas.
Con 16 anos proclamouse campioa mundial júnior con un salto de 14,17 metros, co que tamén bateu a mellor marca europea de tódolos tempos na categoría xuvenil.
En 2018 obtivo os seus primeiros éxitos internacionais na categoría absoluta. Máis tarde conseguiu a medalla de bronce nos mundiais de pista cuberta de Birmingham, tras realizar nun salto a súa mellor marca persoal con 14,40 metros.
No 2019 foi elixida como a mellor atleta española do ano despois de conseguir a medalla de ouro cun salto de 14,73 metros.

Agora continuao ti...
