Dedicado a todos e todas os nenos e nenas de 3º A e B, a ESHTER e a toda a súa familia por ser...
EXTRAORDINARIOS!!

Quin é un can de raza Border Collie. Pesa 25 kg e é de cor branco e negro. Ten unha ferida no fociño, leva correa e microchip. O seu carácter é temeroso. Quin vive en Oleiros desde o mes de marzo.
Antes de chegar a esta casa que ten dous nenos e dous adultos, vivía nun fogar terrible xunto a oito cans máis. O seu dono era malvado, tratábaos fatal.
Pero todos tiveron moita sorte. A todos eles rescatáronos dese horror. Quin é o seu nome porque foi o quinto en ser rescatado e subir ao camión de axuda.

Quin vai á praia, ao parque, a correr, leva e trae as zapatillas e disfruta da súa comida favorita:, o queixo! Pero non lle senta moi ben.
Un dia Esther e a súa familia sairon de viaxe e Quin quedou na casa dos avós.
Todo ía perfecto pero o can púxose nervioso e botou a correr, e desapareceu! Esther e a súa familia empezaron ese día unha búsqueda incansable para recuperar a Quin.
Recorreron o monte en quad ata a unha da mañá. Volveron cheos de area, pó e tristeza.
Pero dixeron:: Quin atoparémoste! Estaban desesperados.

Logo pensaron en facer carteis coa imaxe de Quin e co teléfono por se alguén o vía. Tamén puxeron os carteis en redes sociais como Facebook, pero... O can non apareceu. Esther e a súa familia non se podían render.
Puxéronse en contacto coa TVG pero...O can non apareceu. Seguiron buscando desesperados.
Pronto chega unha mensaxe dicindo que Quin está en Lugo. Esther colle o coche e marcha correndo para alí.Pero... O can non aparece

Pasaron os días e empezan a pensar na posibilidade de que un coche de cor vermella collera a Quin e o levara para a súa casa. Pasaran tantos días que ata podería estar morto.

Agora parece estar en Pontevedra. Hai xente que viu un Border Collie e parece Quin, pero non é. A familia está agotada. Pensan e escriben á " Voz de Galicia" ao "faro de Vigo",etc. Pero o can non apareceu.
Esther ten outra idea: buscaremos con cans polo monte!! Imos Quin atoparémoste!! Pero... O can non apareceu.





Chegan novas importantes. Parece que Quin está en Redondela, localidade dePontevedra. Alí van correndo pero... O can non apareceu.
Xa sei!-pensa ela.-Para que a xente non o confunda con outros Border Collie vou facer un álbum de fotos coas marcas de Quin.
Pero Quin non apareceu.

E se facemos patrullas nocturnas de rastreo?- di Esther. Pero o can non apareceu.
Atención! Quin está en Pias, unha localidade pertencente ao municipio de Mondariz, na provincia de Pontevedra. Ao parecer sae pola noite e vai buscar comida a unha casa que ten ovellas.



Cando o dono se decata do sucedido e descobre que é Quin, avisa á familia para que o vaian buscar.
Todos corren na procura de Quin. Esther leva unha lanterna e permanece agochada na escuridade moito tempo.



Pero o que aparece esa noite é un gato, non un can.
Teñen que seguir pensando. A mellor solución pode ser colller unha cámara de visión nocturna e agocharse sen facer ningún ruido.
Esther pensa que Quin durmirá na casa esa noite. Pero... o can apareceu e escapou.



Esther non se rinde e pensa como pode facer para que o can non volva escapar. Revisa a finca de Pias.Descobre un portal que está vello, non funciona e que teñen que arranxar. Coloca unha corda para poder pechalo cando Quin entre.

Esa noite o can aparece, entra a comer pero... o can escapou.
Que angustia temos todos.


En días posteriores, cárgase de enerxía, recupera as forzas e revisa novamente
toda a finca. Esta vez ten que ser a definitiva!
Espera parte da noite ata que Quin aparece. Esther colócalle a súa comida favorita para que se achegue. O momento está cerca...
Escóitase algo...É QUIN!!!!!

TEMOS A QUIN, TEMOS A QUIN, TEMOS A QUIN!
QUIN VOLVE A CASA 40 DÍAS DESPOIS.
E colorín colorete pola chimenea saiu un foguete!!!
FIN




- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
-
BUY THIS BOOK
(from $4.39+) -
BUY THIS BOOK
(from $4.39+) - DOWNLOAD
- LIKE
- COMMENT ()
- SHARE
- Report
-
BUY
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!