Alicia González Bedoya
Belén Lamas Valdés
Alejandro García Rodríguez
David López Cao

Coma todos os anos, cada vez que o verán comezaba, Carapuchiña leváballe unha cesta cunha morea de pócemas e estrañas brevaxes a súa avoa.




A avoa de Carapuchiña vivía ás aforas do pobo e para chegar ata a súa casa tiña que cruzar un inmenso bosque cheo dunha gran diversidade de fauna e flora.
Mentres atravesaba o bosque ía atopando distintas flores para entregarlle un ramillete á súa avoa.
















De súpeto, mentres recollía unha margarida, escoitou un alarido que proviña do interior dun arbusto. Cada vez que se ía acercando, os berros volvíanse máis intensos ata que puido ver a unha pequena cría de lobo atrapada nun cepo.





Carapuchiña conseguiu liberalo, pero o lobiño tiña unha ferida moi grave nunha das súas patas. Non o pensou nin un intre; colleuno nos seus brazos e correu o máis rápido que puido ata chegar a casa da súa avoa.
Axúdame por favor!


PROHIBIDO ENTRAR
Unha vez alí, a avoa recolleuno con moito agarimo e levouno ata o misterioso desván ao que carapuchiña nunca puido entrar.
Cando estaba agardando soa, Carapuchiña comezou a sentir uns ruídos que proviñan de fóra. A nena, temerosa, achegouse á fiestra para tentar ver que pasaba. De súpeto, un ser feroz apareceu. Este tiña uns pés peludos, patas largas, garras afiadas, dentes arrepiantes, grandes ollos e un bandullo famento…


AAAAAAAAAAAA
O ser era a temida loba do bosque!

Sen embargo, a loba comezou a chorar e sen entender nada, Carapuchiña foille preguntar que lle pasaba e invitouna a entrar na casa.


O cazador estannos a perseguir... hai uns días que non atopo ao meo lobiño e estou moi preocupada e triste. Nós nunca abandoamos o bosque nin lle fixemos mal a ninguén.



DINNNNNG DOOOOOOOOON
Antes de que lle puidera dicir que atopara ao lobiño no bosque, o timbre sonou. A loba escondeuse na habitación da avoa e Carapuchiña abreu a porta.


Diante dela estaba o rico e envexado cazador do pobo. Este posuía enormes terras e gran cantidade de cartos pola venta das peles dos animais que cazaba no bosque. A Carapuchiña nunca lle caeu moi ben, pero aínda así decidiu escoitar o que tiña que dicir.



Ola Carapuchiña! Hoxe ando buscando unha loba moi moi mala que comeu todas as galiñas do mercado. Escoitei uns berros por aquí e paseime para comprobar que todo estivera ben.
Carapuchiña pensou en todo o que lle dixera a loba e no famenta que esta se vía, Non tiña pinta de que comese nada en semanas e dende logo, a historia do lobiño era verdade.
Non verías ti á temible loba feroz do bosque?

Eu non vin nada raro... os berros viron da casa do veciño
O cazador marchou de mala gana e dixo que máis tarde volvería tomar o café coa súa avoa.


Tras marchar o cazador, a avoa apareceu na sala co lobiño no colo. Este levaba unha vendaxe na patiña ferida e parecía que se encontraba mellor. De súpeto, a porta do dormitorio abreuse e saiu a mamá lobo. Esta comezou de novo a chorar, pero esta vez de felicidade ao encontrar ao seu filliño alí. Emocionados polo seu reencontro, apertáronse e bicáronse a máis non poder.



Meu lobiño!!!! Que alegría verte ben







Mentres a avoa, en vez de sentirse asustada por encontrar á loba feroz na súa casa semellaba sentirse tranquila e mesmo aliviada. Carapuchiña comezou a contar todo o que pasara e a avoa felicitouna pola súa valentía.










Estou moi orgullosa de ti!
A avoa xa sospeitaba das accións deste cazador e decidiron entre todos darlle o seu merecido. Por primeira vez, a avoa deixou entrar no cuarto secreto a Carapuchiña. Nel veu milleiros de utensilios e recipientes cheos de prantas, líquidos, pelos, raíces…
Caparapuchiña comezou así a preguntar:
Avoíña, por que tes estes frascos tan grandes?
Son para gardar as cousas mellor...




- Full access to our public library
- Save favorite books
- Interact with authors



Todos coñecemos a historia de Carapuchiña e o malvado lobo... pero se realmente non é asi?

- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
-
SAVE
-
BUY THIS BOOK
(from $4.59+) -
BUY THIS BOOK
(from $4.59+) - DOWNLOAD
- LIKE
- COMMENT ()
- SHARE
- SAVE
- Report
-
BUY
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!