



Había unha vez dous detectives chamados Marcos e Aitana, que tiñan un can chamado Chispa. Con el resolvían os casos máis difíciles.




Un día soou o teléfono cun novo caso.
Era unha nai que chamaba desesperada porque desaparecera o seu fillo, que tiña 9 anos.
Marcos, vamos ler o correo electrónico que nos mandou con toda a información.
Vale!
Son María González Ribeira. Necesito a vosa axuda. A pasada noite escoitei un ruído e cando fun á habitación do meu fillo Luis, abrín a porta e vin que desaparecera. A ventá estaba aberta, polo que creo que alguen o levou.


Os dous detectives decidiron ir á casa da señora González para ver se hai probas e conseguir máis información.
Na habitación de Luis atoparon a ventá aberta e un anaco de tea enganchado nela.




Os dous detectives déronlle a Chispa o anaco de tea máis unha chaqueta do neno para ver se daba seguido un rastro.

Marcos, Aitana e Chispa saíron da casa e comezaron a buscar pola praia ata que viron unhas pegadas.




Mira Aitana, Chispa atopou unha tarxeta!
Vamos ver de que é!




A tarxeta que atoparon era da coñecida empresa de construción chamada Construcións González., a empresa de construción da nai de Luis!
Construcións González
Os dous detectives decidiron falar coa nai para preguntarlle se tivera algún problema con algún traballador da empresa.






Marcos e Aitana foron falar con María, a nai de Luis, que lles confirmou que si tivera problemas cun traballador chamado Daniel Rodríguez.

María, ensinoulle unha imaxe de Daniel Rodríguez e díxolle onde vivía, nunha casa afastada no medio do bosque, a 2 horas de alí.





Marcos e Aitana observaron a foto e decidiron levala para investigar a Daniel.



Os dous detectives comezaron a andar polo bosque en busca da casa, ata que de repente escoitaron uns ruídos que cada vez estaban máis cerca.






Era unha manada de lobos! Estaban famentos e furiosos!
Chispa, moi intelixente, comezou a ladrar e a correr para que os lobos o perseguiran a el.




Chispa correu 4 quilómetros ata que despistou aos lobos e chegou a unha casa afastada.

Chispa rapidamente se dou conta de que Luis estaba aí porque lembraba o olor do anaco de tea. Agora debía buscar a Marcos e Aitana e levalos aí.



Marcos e Aitana viron que Chispa se dera librado dos lobos e quería que o seguiran.



Chispa levounos a unha casa afastada ao lado dun río. Miraron pola ventá e viron a Daniel que tiña a Luis atado cunha corda.


Luis estaba moi asustado. Decidiron que había que entrar cando Daniel marchase desa habitación.



- Full access to our public library
- Save favorite books
- Interact with authors

- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE(1)
-
COMMENT()
-
SHARE
-
SAVE
-
BUY THIS BOOK
(from $6.39+) -
BUY THIS BOOK
(from $6.39+) - DOWNLOAD
- LIKE (1)
- COMMENT ()
- SHARE
- SAVE
- Report
-
BUY
-
LIKE(1)
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!