

1. Non se pode manter na actualidade a idea dun fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
2. Coa descuberta da tumba do Apóstolo (813), Santiago vaise converter na cabeza espiritual do reino asturiano, substituíndo a Oviedo. Con todo, non será até os reinados de Ramiro I e, fundamentalmente de Ordoño I (850-866) cando se profunde na integración de Gallaecia no reino astur.
3. Polo que respecta á poboación na Galicia altomedieval, a villa (antecedente da aldea medieval) configúrase como o lugar de habita e célula básica de ordenación do territorio. É un territorio ben definido espacialmente e que posúe unha delimitación perfectamente visible.
4.A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos.
Na paisaxe agraria dominaría as zonas non cultivadas sobre as cultivadas. Xunto aos cereais tería un grande peso o cultivo de árbores froiteiras (maceira) e o viñedo, que non para de expandirse. 5. O campesiñado era o grupo social maioritario na sociedade galega altomedieval. Atendendo a súa situación xurídica
debemos diferenciar entre os campesiños libres ou inxenuos e os servi ou non libres.
6. O nomeamento de Afonso Reimúndez coma rei de Galicia ,por parte de Xelmírez e da nobreza galega, contra as pretensións de Afonso I o Batallador, agora novo marido de dona Urraca , é un novo episodio da rebelión dos nobres galegos.
7. A partir do s. XI, os monarcas van instaurar unhas novas demarcacións territoriais, os comitatus ou tenencias. Estas
demarcacións van estar rexidas por membros da nobreza laica, que constitúen a elite da sociedade galega da época. Até o s. XII a dignidade de conde, que parece ser foi vitalicia, recaeu en membros da familia Traba.
8. A unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular. As conquistas no Al-Andalus, especialmente a de Sevilla no 1245, vai supor un novo centro de gravidade política, máis orientado cara ao sur, co que Galicia queda nunha posición excéntrica.
9. Unha das innovacións que se produciron no período central medieval, cunha forte pegada para o futuro é a creación das parroquias. Establécense arredor da igrexa á que acoden os habitantes das distintas aldeas. Prodúcese, deste xeito, o nacemento da freguesía, como o conxunto de persoas que acoden aos servizos divinos a un mesmo templo.
10. No s. XI só podemos falar de Santiago como único núcleo urbano (amurallado). Entre principios do s. XI e comezos do XIII, vaise producir unha aceleración da urbanización, desenvolvéndose xunto a Santiago as outras cidades episcopais, así como outros núcleos costeiros ou situados no camiño de Santiago.
11. O crecemento demográfico nos séculos centrais medievais obrigou á poboación galega a intensificar a produción agrícola.
Deste xeito ampliouse a superficie cultivada e diversificouse e intensificouse a explotación das terras xa cultivadas dende antano. A isto axudaron as melloras nos apeiros de labranza (co uso do ferro e a utilización dos arados de vertedoira), a mellora nas formas de tracción animal (substituíndo aos bois por cabalos) e a xeneralización dos muíños de auga.
12. A nobreza laica era propietaria de grandes bens territoriais e delegada do poder bélico, tiña na función bélica (a guerra e a defensa doutros membros da sociedade) a súa razón de ser. Con importantes privilexios (exencións fiscais e xustiza por iguais), nos anos centrais da Idade Media vai sufrir unha forte inestabilidade, xa
que sen estar establecidas as liñaxes, só poden manter a súa riqueza manténdose preto do poder e recibindo concesións e cargos.
13. A segunda metade de século XIV virá marcada pola guerra civil aberta entre Pedro I e Henrique de Trastámara, apoiado por Aragón. Galicia xogará un papel activo no conflito, contando o monarca alcumado o Cruel cun dos seus principais apoios, Fernando de Castro.
14. A Peste Negra arribou á costa galega en outubro de 1348, no que xa existe constancia dos seus efectos en Baiona. O andazo estendeuse polo interior a finais de ano e no ano seguinte Galicia vai sufrir as súas mortais consecuencias.
15. A sociedade urbana é moi complexa e acolle a persoas de moi diferente posición social. Entre os privilexiados habería que contar aos ricos homes, cabaleiros fidalgos, rexedores do concello e o clero urbano, así como os grandes mercaderes (Pontevedra ou Santiago) e a grandes artesáns. Noutro grupo estarían os veciños, habitantes sen privilexios e que pagarían impostos (peiteiros). Este grupo abranguería a mareantes, labregos ou pequenos comerciantes.
16. Na primeira metade do s. XV vanse constituír unha serie de irmandades que, dun xeito máis local, prefigurarán o grande levantamento irmandiño. Na cidade de Santiago organizarase unha irmandade no 1418. Capitaneada por Rodrigo Sánchez de Moscoso, erguerase no 1422 para que Santiago sexa declarada de reguengo, mais fracasará nas súas demandas. Outro tanto sucederá en Ourense no 1418-19.
17. Trala execución de Pardo de Cela no 1483 pódese dicir que a paz e a orde quedaron restauradas en Galicia.
18. O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no 1480 marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa terra.
19. A Audiencia de Galicia, a institución máis importante e característica de Galicia en toda a Idade Moderna, nace no 1494, mais non será recoñecida oficialmente até 1514-1515. O seu obxectivo primordial será impor xustiza e orde.
20. A Inquisición será unha institución fundamental na expansión do poder real e que terá tantas consecuencias nos reinos peninsulares, coma a expulsión de xudeus e musulmáns, tras a conquista de Granada. Con todo, Galicia vivirá á marxe deste tribunal ante o seu establecemento por Filipe II no 1574.

- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
-
BUY THIS BOOK
(from $2.99+) -
BUY THIS BOOK
(from $2.99+) - DOWNLOAD
- LIKE
- COMMENT ()
- SHARE
- Report
-
BUY
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!