
Esta historia fixoa o alumnado de 5ºB para celebrar o Samaín 2020.
Camila, Sara, Chloe, Daniela, Noelia, Lalo, Marcos, Martín, Inés, Daniel, Héctor, David, Leire, Yaiza, Roi, Gabriel, Carmen, Javier, Carla, Damián, Sara, Danna, Sofía, Diego e Xoel.












A NOSA HISTORIA DE SAMAÍN
Estaba amencendo aquel 31 de outubro, día de Samaín, cando a nosa protagonista, Lúa, recibiu unha chamada inesperada que dicía:
"Mira no teu correo e alí atoparás unha postal cunhas instrucións moi claras".
Acerqueime temerosa e intrigada e vin a seguinte mensaxe:
"Segue estas coordenadas e chegarás a ..."








Non conseguín ler a mensaxe completa porque estaba moi borrosa. Estiven durante un bo rato cavilando na miña habitación.
Lúa dubidaba sobre que decisión tomar. Finalmente decidiu chamar aos seus amigos e comentarlles o sucedido.
- Como? Que estás dicindo?



















Nun principio non me creron, entón inviteinos a vir a miña casa para que puidesen comprobalo por eles mesmos.
Quedaron abraiados.
- Penso que nos atopamos ante unha misteriosa aventura.
Sentíamos unha mestura de medo, incertidume e curiosidade e decidimos vivila todos xuntos.















As coordenadas leváronos a unha casa abandonada.
- Mirade, a porta está entreaberta.
Asomámonos e vimos unha luz. Entramos e a porta pechouse de golpe.
A luz iluminaba unha tenebrosa estancia chea de esqueletos e ataúdes.









Estivemos a piques de saír correndo pero vimos unha misteriosa pasaxe e decidimos adentrarnos por ela.
- Vinde, sigamos esta pasaxe, a ver a onde nos conduce.
Atopamos moitos morcegos que voaban sen parar ao noso redor. Despois de percorrer uns metros chegamos a un castelo encantado no que curiosamente había unha festa de disfraces.




Recibiunos unha bruxa que dixo chamarse Brutilda.
- Benvidos ao meu castelo. Son a bruxa Brutilda e desafíovos a participar nun xogo. Tedes que atopar todos os ingredientes para facer unha apócema máxica que desfaga o feitizo no que caen todos os que entran no castelo.
Só tedes quince minutos para conseguilo ou quedaredes atrapados no castelo para sempre!

Os ingredientes eran: unha pata de coello, dúas as de morcego, varias tripas de cabaza, unha cabeza de serpe e, o máis difícil, a verruga que tiña Brutilda no seu nariz.
- Veña! Imos dividirnos para conseguir todo o antes posible.
Xuntamos todo menos a verruga da bruxa... O tempo esgotábase e non se nos ocurría nada ata que, de súpeto...








- Mirade, un libro de maleficios. Podemos buscar un que nos sirva para durmir á malvada Brutilda.
- Boa idea! Probemos con este...
Ollos de tritón
dente de león
que esta bruxa
durma un montón
Esperamos dous minutos e...



Funcionou! Brutilda quedou profundamente durmida.
Aproveitamos para arrincarlle a verruga do seu nariz. Preparamos unha beberaxe con todos os ingredientes e botámola por riba nosa e de todos os que estaban alí.
Escapamos correndo antes de que a bruxa espertase, temerosos de que nos puidese perseguir.









- Veña correde que pode espertar en calquera momento.
Chegamos a casa case sen folgos pero pensando que merecera a pena vivir unha aventura tan espeluznante no día de Samaín inda que ninguén nos ía crer.
FIN


- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
-
BUY THIS BOOK
(from $4.19+) -
BUY THIS BOOK
(from $4.19+) - DOWNLOAD
- LIKE
- COMMENT ()
- SHARE
- Report
-
BUY
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!