

Unha noite as árbores decidiron que chegara o momento de marchar. Arrincaron con forza as súas raíces e rabuñando o terreo fóronse.
Á mañá seguinte, Goran emprendeu o camiño cara á escola. Demasiada calor e ningunha sombra baixo a que se resgardar.
En canto chegou deuse conta do que estaba pasando: o bosque desaparecera e naquel vasto deserto só se vían os buracos das árbores.
– Que pasou? –preguntou Goran aos animais que contemplaban a paisaxe desde fóra.
– As árbores marcharon –respondeu un esquío ancián.
– E eses onde van? –dixo o lince ao ver unha familia de colibrís atravesando o ceo cun montón de equipaxe.
– Mudámonos a outro niño máis estábel! –berrou dende o alto papá colibrí.
– Todos teremos que buscar unha casa nova –engadiu o esquío e, pouco a pouco, os animais emprenderon a súa marcha.
Na escola, Goran preguntábase se a árbore do seu xardín tamén se tería ido.
Na primavera era divertido bambearse nas súas pólas.
Na estación da calor a súa sombra protexíao do sol.
En outono gustáballe xogar coas coloradas follas que a árbore lle regalaba.
No frío inverno Goran observaba dende a súa fiestra e a árbore saudábao axitando as súas pólas.
Era o gardián do xardín. Era o seu amigo.
Cando remataron as clases, Goran apresurouse a saír. Unha áspera néboa gris inundaba as rúas da cidade, facía calor e era difícil respirar.
Cando chegou a casa a súa árbore estaba alí, pero por pouco tempo: estaba desenterrando as raíces.
– Non o fagas! –exclamou Goran, picándolle a garganta de forma cada vez máis molesta–. Ti es a última árbore!
– Exacto! Será mellor que me dea présa –respondeu el, asegurándose de que todas as súas follas estiveran listas para partir.
– Pero sen árbores estamos perdidos... acaso non estás ben aquí? –preguntou Goran mentres tusía.

– Prefiro irme coas miñas propias raíces antes de que me reduzan a cinzas ou me corten en mil anacos –contestou a árbore e, facendo tremer a terra, comezou a desaparecer naquela asfixiante néboa.
Entón Goran aclarou a garganta e berrou:
– Agarda! Esqueces unha cousa!
A árbore, que xa estaba na metade do xardín , virouse e dixo:
– A casiña quédoma. Sérveme para os paxariños.
- Full access to our public library
- Save favorite books
- Interact with authors

- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
-
SAVE
-
BUY THIS BOOK
(from $8.79+) -
BUY THIS BOOK
(from $8.79+) - DOWNLOAD
- LIKE
- COMMENT ()
- SHARE
- SAVE
- Report
-
BUY
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!