
Había unha vez, dous nenos chamados Adrián e Ainara, que eran irmáns e vivían en Santiago de Compostela.


Un día, Adrián e Ainara estaban tranquilamente vendo a televisión no salón cando escoitaron unha noticia que os deixou abraiados.
Nas noticias viron que había un gran tesouro agochado nalgunha parte do mundo, pero a primeira pista estaba na catedral de Santiago.




Que che parece se imos á catedral a buscar a primeira pista?
Paréceme unha idea estupenda!
Imos atopar o tesouro!


Adrián e Ainara foron á catedral decididos a atopar a primeira pista.
Despois de horas buscando a pista, atopárona agochada nunha figura.



Atoparon un mapa das illas Cíes, no cal había un enigma para resolver:
ans islia eícs aset a gesdnau stiap unn ocbra oufndnia


Isto non ten sentido!


Despois de moito pensar, Ainara e Adrián chegaron á conclusión de que as letras estaban desordeadas.
Por fin o desciframos!
Nas illas Cíes está a segunda pista, nun barco fundido!!




Os dous nenos alquilaron unha moto de auga e foron ás illas Cíes.





Os nenos tiráronse á auga e viron o barco fundido.





Eu distraio ó tiburón, ti colle a pista!!
Estaban nadando, cando...
de repente viron un tiburón!!


Cando Adrián ía coller a pista, de repente apareceu o tiburón!




Adrián colleu a pista e escapou pola ventá do barco. Pero o tiburón ía detrás del.






Ainara e Adrián lograron escapar na moto e foron ás illas Cíes intentar descifrar a pista.



Esta pista era moi importante porque dicía onde estaba o tesouro. Debían buscalo.



Ó día seguinte, xa na casa, dispuxéronse a descifrar a localización do tesouro.
"Se o tesouro queres atopar, na montaña sagrada deberás buscar"



Os nenos buscaron en internet: "montaña sagrada". E cando viron o que saía quedaron sorprendidos.
Non o podo crer! O tesouro está no Pico Sacro!
Os nenos foron á capela do Pico Sacro e mirando e mirando atoparon unha pedra gravada coa localizacion do tesouro.
Estaban revisando o que había por alí cando se lles ocorreu levantar unha alfombra e de repente...


Entramos? A onde levará isto?
Unha trapela!!


Adrián e Ainara caeron na cova.








Cando por fin se deron levantado, viron que a cova estaba repleta de bichos. Os bichos comezaron a perseguilos!!





















Os nenos estaban escapando cando unha xigantesca pedra caeu librándoos dos bichos.




Chegaron a unha porta pechada, que lograron abrir tras atopar a chave agochada na parede.




De repente os nenos viron o tesouro e un enorme dragón que o protexía.




Corre Ainara! Que nos ataca o dragón!



Adrián, fixáscheste que o dragón está protexendo un ovo? Por iso nos atacou.
Esperaremos a que quede durmido e despois colleremos o tesouro.


Cando o dragón se quedou durmido, os nenos entraron sileciosamente e colleron o tesouro.



Os nenos decidiron facer unha organización para axudar á xente necesitada pero decidiron gardar o segredo do tesouro para non poñer en perigo ó dragón.
É así como o dragón da cova do Pico Sacro continúa hoxe en día vivindo nesa cova.
E colorado colorín, este conto chegou ó seu fin.
Autores
Valentina Xabi M.
Juan Brandán
Tristán Noela
Martina Xosé
Pedro Emma
Lois Álex
Elías Yago
Oriana Martín
XabiN. Vega
Sara

- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE(2)
-
COMMENT()
-
SHARE
-
BUY THIS BOOK
(from $6.19+) -
BUY THIS BOOK
(from $6.19+) - DOWNLOAD
- LIKE (2)
- COMMENT ()
- SHARE
- Report
-
BUY
-
LIKE(2)
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!