
La Galicia medieval:
1. Non se pode manter na actualidade a idea dun fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
2. Coa descuberta da tumba do Apóstolo (813), Santiago vaise converter na cabeza espiritual do reino asturiano, substituíndo a Oviedo. Con todo, non será até os reinados de Ramiro I e, fundamentalmente de Ordoño I (850-866) cando se profunde na integración de Gallaecia no reino astur.
3. Polo que respecta á poboación na Galicia altomedieval, a villa configúrase como o lugar de habitación e célula básica de ordenación do territorio. É un territorio ben definido espacialmente e que posúe unha delimitación perfectamente visible.
4.A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos. Na paisaxe agraria dominaría as zonas non cultivadas sobre as cultivadas. Xunto aos cereais tería un grande peso o cultivo de árbores froiteiras (maceira) e o viñedo, que non para de expandirse.
5. O campesiñado era o grupo social maioritario na sociedade galega altomedieval. Atendendo a súa situación xurídica debemos diferenciar entre os campesiños libres ou inxenuos e os servi ou non libres.
6. O nomeamento de Afonso Reimúndez coma rei de Galicia ,por parte de Xelmírez e da nobreza galega, contra as pretensións de Afonso I o Batallador, agora novo marido de dona Urraca , é un novo episodio da rebelión dos nobres galegos.
7. A partir do s. XI, os monarcas van instaurar unhas novas demarcacións territoriais, os comitatus ou tenencias.
8. A unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular. As conquistas no Al-Andalus, especialmente a de Sevilla no 1245, vai supor un novo centro de gravidade política, máis orientado cara ao sur, co que Galicia queda nunha posición excéntrica.
9. Unha das innovacións que se produciron no período central medieval, cunha forte pegada para o futuro é a creación das parroquias. Establécense arredor da igrexa á que acoden os habitantes das distintas aldeas. Prodúcese, deste xeito, o nacemento da freguesía, como o conxunto de persoas que acoden aos servizos divinos a un mesmo templo.
10. No s. XI só podemos falar de Santiago como único núcleo urbano (amurallado). Entre principios do s. XI e comezos do XIII, vaise producir unha aceleración da urbanización, desenvolvéndose xunto a Santiago as outras cidades episcopais, así como outros núcleos costeiros ou situados no camiño de Santiago. 11. O crecemento demográfico nos séculos centrais medievais obrigou á poboación galega a intensificar a produción agrícola. Deste xeito ampliouse a superficie cultivada e diversificouse e intensificouse a explotación das terras xa cultivadas dende antano.
12. A nobreza laica era propietaria de grandes bens territoriais e delegada do poder bélico, tiña na función bélica (a guerra e a defensa doutros membros da sociedade) a súa razón de ser. Con importantes privilexios , nos anos centrais da Idade Media vai sufrir unha forte inestabilidade, xa que sen estar establecidas as liñaxes, só poden manter a súa riqueza manténdose preto do poder e recibindo concesións e cargos.
13. A segunda metade de século XIV virá marcada pola guerra civil aberta entre Pedro I e Henrique de Trastámara, apoiado por Aragón. Galicia xogará un papel activo no conflito, contando o monarca alcumado o Cruel cun dos seus principais apoios, Fernando de Castro.
14. A Peste Negra arribou á costa galega en outubro de 1348, no que xa existe constancia dos seus efectos en Baiona. O andazo estendeuse polo interior a finais de ano e no ano seguinte Galicia vai sufrir as súas mortais consecuencias.
15. A sociedade urbana é moi complexa e acolle a persoas de moi diferente posición social. Entre os privilexiados habería que contar aos ricos homes, cabaleiros fidalgos, rexedores do concello e o clero urbano, así como os grandes mercaderes (Pontevedra ou Santiago) e a grandes artesáns.
16. Na primeira metade do s. XV vanse constituír unha serie de irmandades que, dun xeito máis local, prefigurarán o grande levantamento irmandiño. Na cidade de Santiago organizarase unha irmandade no 1418.
17. Trala execución de Pardo de Cela no 1483 pódese dicir que a paz e a orde quedaron restauradas en Galicia.
18. O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no 1480 marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa terra.
19. A Audiencia de Galicia, a institución máis importante e característica de Galicia en toda a Idade Moderna, nace no 1494, mais non será recoñecida oficialmente até 1514-1515. O seu obxectivo primordial será impor xustiza e orde.
20. A Inquisición será unha institución fundamental na expansión do poder real e que terá tantas consecuencias nos reinos peninsulares.
GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA 711-1037

– A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e derepoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
– Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, maisvaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de RamiroI e, fundamentalmente, Ordoño I. Durante o s. X a nobreza galega terá un importante protagonismo político no reino.
– A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos.
– A sociedade altomedieval caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder.
– A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares.
A PLENA IDADE MEDIA 1037-1284

- Full access to our public library
- Save favorite books
- Interact with authors

- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
-
SAVE
-
BUY THIS BOOK
(from $5.19+) -
BUY THIS BOOK
(from $5.19+) - DOWNLOAD
- LIKE
- COMMENT ()
- SHARE
- SAVE
- REMIX
- Report
-
BUY
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!