Creado por Lucía Rodríguez Fraga
3º curso de Educación Primaria na Universidade da Coruña

Primeiro de todo, falaremos sobre os condados e os ducados visigodos.
Os conflictos bélicos cos pobos do norte deberon xustificar unha fronteira militar arredor da cal surxiría unha provincia territorial militar en Cantabria.
Existen dous tipos de provincias. As de tipo "ducado", que coincidían coas antigas provincias romanas; e as de tipo "condados", procedentes dos territorios ou terreos circundantes á cidade.
Tras a conquista musulmá da Península Ibérica no 771, a coñecida como al-Ándalus; primeiro integrouse na provincia norteafricana do Califato Omeya. Máis tarde convertiríase no Emirato de Córdoba e, finalmente, no Califato de Córdoba con Abd-Rahman III.



Explicareivos agora algunhas curiosidades sobre os yund-s e os kuras.
Os yunds son unha das primeiras referencias que temos da distribución territorial andalusí. Pódense diferenciar ata 6 yund-s diferentes na actual Andalucía.
A kura é a división administrativa básica do territorio de al-Ándalus.
Cada kura pódese fragmentar en aqalim (distritos), centralizados nos husûn, que se subdividían en ayza (partidos).
Outra unidade territorial era o tagr, unha marca fronteriza cos Reinos cristiás do norte. Pódense diferenciar ó menos 3 na época califal.
Ao fronte das taifas colocábase a un xefe militar, este gozaba de poder e independencia, o que supuxo que estes gorbernadores chegasen a opoñer resistencia ó goberno central; incluso chegaron a declararse independentes.

Coa disolución do Califato de Córdoba no ano 1031, o territorio dividiuse nos primeiros reinos de taifas, período ao que sucediu a efímera etapa dos almorávides, os segundos reinos de taifas, a etapa dos almohades e os terceiros reinos de taifas. Máis tarde, según o poder do Emirato de Córdoba ía decaendo, as coroas independizaronse, creándose os reinos de taifas.


REINOS DE TAIFAS CARA O ANO 1080
CALIFATO DE CÓRDOBA
Falaremos agora da organización territorial dos reinos cristiás. A coñecida como "Reconquista" é o periodo histórico que corre paralelo á presencia dos musulmáns na Península Ibérica, isto durou casi 800 anos, dende a Batalla de Covadonga en 722 á Toma de Granada en 1492.
Durante este periodo, maís alá das batallas, teñen lugar á repoblación e a organización do territorio reconquistado. Mediante ámbalas dúas iranse configurando as bases dos reinos peninsulares.
- Full access to our public library
- Save favorite books
- Interact with authors
A GALICIA MEDIEVAL

- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
-
SAVE
-
BUY THIS BOOK
(from $2.99+) -
BUY THIS BOOK
(from $2.99+) - DOWNLOAD
- LIKE
- COMMENT ()
- SHARE
- SAVE
- Report
-
BUY
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!