
GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA (711-1037)
Coa chegada dos musulmáns á península Ibérica ponse fin ao reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada.
Non se constata nin un fenómeno de despoboación e derepoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, pero se vai ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de RamiroI e, fundamentalmente, Ordoño I. Durante o s. X a nobreza galega terá un importante protagonismo político no reino.
No que respeta a economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos. E a sociedade altomedieval caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder.


O feito de descubrir o sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares.

A PLENA IDADE MEDIA (1037-1284)
É nestes séculos centrais da Idade Media cando Galicia fixe a grandes trazos o territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala independencia de Portugal.
No século XII, coñecido coma a Era Compostelá, Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular.
Durante estos séculos vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes: as aldeas encherán o espazo rural, xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades, insignificantes no período altomedieval, nacerán e crecerán integradas perfectamente na súa contorna rural.

O crecemento demográfico virá da man dunha intensificación da produción agrícola, así como dunha expansión da actividade comercial e artesanal. Ademáis, a nobreza eclesiástica configúrase coma a principal propietaria de terras en Galicia


- Full access to our public library
- Save favorite books
- Interact with authors

- < BEGINNING
- END >
-
DOWNLOAD
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
-
SAVE
-
BUY THIS BOOK
(from $2.99+) -
BUY THIS BOOK
(from $2.99+) - DOWNLOAD
- LIKE
- COMMENT ()
- SHARE
- SAVE
- Report
-
BUY
-
LIKE
-
COMMENT()
-
SHARE
- Excessive Violence
- Harassment
- Offensive Pictures
- Spelling & Grammar Errors
- Unfinished
- Other Problem

COMMENTS
Click 'X' to report any negative comments. Thanks!